BASES DO CONCURSO
- Poderán participar os realizadores/as individuais ou colectivos profesionáis ou amateurs que o desexen de calqueira nacionalidade, cultura o relixión.
- Admitiranse dúas curtametraxes por participante.
- As obras presentadas non poderán superar os 30 minutos de duración.
- Se a obra ten son falado utilizarase o galego, castelán ou subtítulos nestes idiomas.
- A temática ten que centrarse nas diferentes “Realidades sociais da cidade de A Coruña”.
- A Organización presupón que os titulares das curtametraxes presentadas ostentan todos os dereitos de exhibición e promoción das obras e material que representan.
- A obra presentarase obrigatoriamente en formato DVD, para poder concursar. Na carátula ten que constar o título, o nome do autor, a súa direccion de e-mail,e un teléfono de contacto. O DVD e a súa carátula deberán ir nun sobre debidamente pechado no que haberá que engadir:
- Un folio co título da curtametraxe, os datos do autor,(nome, fotocopia do DNI, teléfono, enderezo, e-mail, pequeno currículum e lugar de residencia).
- Noutro folio deberá constar o título, a sinopse, o reparto e o equipo que realizou a curtametraxe, así como unha descrición da realidade que quere plasmar .
- As curtametraxes, así como a documentación necesaria (fotocopia do DNI, nombre y apelidos, mail, enderezo e teléfono de contacto) deberán enviarse de dúas formas diferentes, có mesmo contido.
- Asunto: 2º Concurso de curtometraxes Cortomacine Coruña. "As realidades sociáis da cidade de A Coruña"
- Áo e-mail: cortomacinecoruna@gmail.com
- Áo enderezo: Por correo certificado a C/Veramar, 21.5º izda. 15001 A Coruña.
- O tamaño máximo será o solicitado por wetransfer, para poder colgar os traballos na rede. Unha vez recibido a curtametraxe confirmarase a súa correcta recepción e as modificacións que fagan falta serán notificadas por parte da organización mediante correo electrónico.
- Os formatos obrigatorios de presentación serán: .MOV o MPEG4
- A organización resérvase o dereito de rexeitar unha obra por mala calidade da imaxe ou do son.
- Ampliamos a data límite para a entrega dos traballos ata ó 24 de febreiro do 2016.
- Polo que respecta ao concurso, nomearase un xurado oficial calificador para os premios, que estará composto por profesionais do vídeo, a televisión, a música, as artes e a comunicación audiovisual.
- Os autores dos traballos premiados, ou algún representante dos mesmos, deberán estar presentes na entrega de premios. De non ser así, deberán delegar nunha persoa autorizada debidamente para recollelo.
- A decisión do xurado será inapelable.
- O segundo concurso de cine social Cortomacine Coruña celebrarase na Casa Museo Casares Quiroga coa proxección dunha selección das curtametraxes finalistas en sesión pública e gratuita.
- A comunicación aos participantes das obras seleccionadas farase mediante teléfono ou correo electrónico. Paralelamente, publicarase dita selección na páxina oficial do Concurso.
- A organización resérvase o dereito de publicar e reproducir as obras que participen no certame, así como fragmentos das mesmas para a promoción do Festival e da Asociación FORCOOP. Sempre con fines promocionais e culturais e sen ánimo de lucro.
- Haberá duos premios Cortomacine: Primeiro premio e finalista, cuxas cantidades confirmarase próximamente.