jueves, 11 de septiembre de 2014

Iº CONCURSO DE CURTAMETRAXES CORTOMACINE CORUÑA: A ASOCIACIÓN FORCOOP CONVOCA O SEU PRIMEIRO CONCURSO DE CURTAMETRAXES: “REALIDADES SOCIAIS DA CIDADE DE A CORUÑA”



   BASES DO CONCURSO


  • Poderán participar os realizadores/as individuais ou colectivos profesionáis ou amateurs que o desexen de calqueira nacionalidade, cultura o relixión.
  •  Admitiranse dúas curtametraxes por participante. 
  • As obras presentadas non poderán superar os 30 minutos de duración.
  • Se a obra ten son falado utilizarase o galego, castelán ou subtítulos nestes idiomas.
  • A temática ten que centrarse nas diferentes “Realidades sociais da cidade de A Coruña”.
  • A Organización presupón que os titulares das curtametraxes presentadas ostentan todos os dereitos de exhibición e promoción das obras e material que representan.
  • A obra presentarase obrigatoriamente en formato DVD, para poder concursar. Na carátula ten que constar o título, o nome do autor, a súa direccion de e-mail,e un teléfono de contacto. O DVD e a súa carátula deberán ir nun sobre debidamente pechado no que haberá que engadir:
  1. Un folio co título da curtametraxe, os datos do autor,(nome, fotocopia do DNI, teléfono, enderezo, e-mail, pequeno currículum e lugar de residencia).
  2. Noutro folio deberá constar o título, a sinopse, o reparto e o equipo que realizou a curtametraxe, así como unha descrición da realidade que quere plasmar .
  • As curtametraxes, así como a documentación necesaria (fotocopia do DNI, nombre y apelidos, mail, enderezo e teléfono de contacto) deberán enviarse de dúas formas diferentes, có mesmo contido:
Asunto:"I Concurso de curtometraxes Cortomacine Coruña 
                     "As realidades sociáis da cidade de A Coruña" 
  1. Por correo ordinario a: Lugar Martinete. Residencial el Birloque 5, 3B.15008, A Coruña
  2. Áo e-mail: cortomacinecoruna@gmail.com
  • O tamaño máximo será o solicitado por wetransfer, para poder colgar os traballos na rede. Unha vez recibido a curtametraxe confirmarase a súa correcta recepción e as modificacións que fagan falta serán notificadas por parte da organización mediante correo electrónico. 
  • Os formatos obrigatorios de presentación serán: .MOV o MPEG4
  • A organización resérvase o dereito de rexeitar unha obra por mala calidade da imaxe ou do son.
  • A data límite para a entrega dos traballos remata o 12 de decembro de 2014. (Se ampla o prazo de recepción de traballos até o 16 de decembro)
  • Polo que respecta ao concurso, nomearase un xurado oficial calificador para os premios, que estará composto por profesionais do vídeo, a televisión, a música, as artes e a comunicación audiovisual.   
  • Os autores dos traballos premiados, ou algún representante dos mesmos, deberán estar presentes na entrega de premios. De non ser así, deberán delegar nunha persoa autorizada debidamente para recollelo.
  • A decisión do xurado será inapelable. 
  • O Primeiro Concurso de cine social Cortomacine Coruña celebrarase o  18 de decembro de 2014, ás 19:30 na Casa Museo Casares Quiroga coa proxección dunha selección das curtametraxes finalistas en sesión pública e gratuita.
  • A comunicación aos participantes das obras seleccionadas farase mediante teléfono ou correo electrónico. Paralelamente, publicarase dita selección na páxina oficial do Concurso.
  • A organización resérvase o dereito de publicar e reproducir as obras que participen no certame, así como fragmentos das mesmas para a promoción do Festival e da Asociación FORCOOP. Sempre con fines promocionais e culturais e sen ánimo de lucro.
  • Haberá duos premios Cortomacine: A curtametraxe gañadora que percibirá 300€ e unha curtametraxe finalista q recibirá un premio de 200€. O xurado sera o encargado de decidir cales son os traballos premiados.